Sunday 19 de May de 2024

Os nenos e nenas do Lousame Concilia celebran obradoiros de bodyjumping e de decoración de bolsas de Nadal


Os nenos e nenas que participan na Ludoteca de Nadal do Lousame Concilia, programa de conciliación familiar posto en marcha polo Concello de Lousame para estas datas de vacacións escolares, celebraron hoxe dous obradoiros lúdicos: un de decoración de bolsas de Nadal e outro de boyjumping, onde se divertiron saltando sobre as camas elásticas.

O Concello de Lousame lembra que, ao haber prazas libres, as familias que o precisen tamén poden traer ás crianzas por días soltos chamando ao teléfono 696 732 351. As próximas xornadas da Ludoteca de Nadal terán lugar os días 2, 3 e 7 de xaneiro. Lousame Concilia é un programa de conciliación da vida laboral e familiar posto en marcha polo Concello de Lousame en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.